viernes 19 de junio de 2009

VI FESTIVAL DE MÚSICA VOCAL


Sempre me andas preguntando, de que romaría veño, veño de santa Lilaina de santa Lilaina veño.
¿Como podía Tella quedar sin lembrar a os irmans Moreira?
Xa ides vendo, o festival CANTATELLA semella o mellor sitio para lembrar o legado que nos deixaron estos veciños Ilustres.
O compromiso non é pequeno, chámase acordeón mariñeiro, máis mariñeira a xente que nos acompaña non poide selo: De Muxía, de Camariñas, de Fene, máis a coral San Eleuterio de Tella, o auditorio farase pequeno, é o que temos, esperamos non defraudar é enriquecer a nosa cultura musical con semellante acontecemento.
Xa non queda máis, convidar a quen queira acompañarnos con un plato típico mariñeiro, a humilde sardiña en unha noite de verán, no merendeiro dos seixos, bon probeito.

miércoles 20 de mayo de 2009

MOSTRA DE ACTIVIDADES











Outra ves amosamos, que unha coral é algo mais que cantar unha misa, escorrentamos o extres, exercitamos a mente, como dicimos na tarxeta de presentación "o que canta os males espanta si é con polifonía fai falta compañía"

Desta volta xa vedes, na compaña das amigas das manualidades, fixemos unha festa que se lembrará por moito tempo. Repetimos, logo dín por ahí "en Tella xa non hai nada"

Quen nos acompañou o día nove, nunca irá decindo cousa semellante, pois amosamos que se poden facer cousas ahinda que sexa en Tella.

viernes 24 de abril de 2009

LOGO DECIDES, EN TELLA XA NON HAI NADA



De novo con todos aqueles que visitades este blog.


Decir que si non se escribe máis, é porque tamén temos que preparar cousas coma que vos estou anunciando, non sempre hai cuadros para mostrar nin cancións para invitar que escoitedes.


Logo de estar a preparar todas estas cousas, solo me queda engadir que vos queremos ver, polo campo dos Seixos o vindeiro día nove.


Un pouco copia do outro ano, mostraremos alí, a partires das catro, os traballos que fixeron, durante este ano, as amigas das manualidades, poderemos ver en vivo como se fai o encaixe de bolillos, é logo como remate a coral San Eleuterio, en breve concerto con temas do seu novo repertorio.


Tendremos tamén sevicio de bar. Non quedan excusas, non deixes que cho conten.

viernes 9 de enero de 2009

Concello :: Novas

XII Certame de Corais Polifónicas do Nadal

Celebrarase o sábado 20 de decembro en Corme-PortoCoral polifónica actuandoComo todos os anos, o Concello de Ponteceso organiza o Certame de corais polifónicas do Nadal. Este ano participarán seis corais:
•Coral polifónica San Martiño de Cores.
•Coral polifónica Santa Mariña de Ponteceso.
•Coral polifónica San Salvador de Pazos.
•Coral polifónica San Eleuterio de Tella.
•Coral polifónica Brisas do Mar de Corme.
•Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.
Ás 21.00h na igrexa parroquial Nosa Señora dos Remedios de Corme-Porto.

sábado 13 de septiembre de 2008

BARQUIÑA POLIFÓNICA

Anunciamos outra edición da Barquiña Polifónica, nésta podemos contar con as corais:
SAUDE, formada por traballadores do complexo hospitalario universitario de A Coruña
ATALAIA, do veciño concello de Laxe
SAN ELEUTERIO, de Tella
non é para facer competencia con o do outro día, operaración triunfo, pero parécenos que é un cartel digno de que veñades escoitar, logo poidedes opinar, non de oidas como fan moitos.

sábado 2 de agosto de 2008

FESTIVAL SOLIDARIO


A coral polifónica San Eleuterio de Tella, so quere facer que deixen de estar esparcidos pola costa da morte, é que por unha tarde, xogen xuntos, escoiten parte da nosa cultura, vexan como nos tamén nos divertimos, pola contra nos van a pagar, con un sorriso. ¿Querédesme decir quen non traballa polo sorriso dun neno?... Nos tamén

domingo 13 de julio de 2008

UN DÍA GRANDE

Casarse, é sin dúbida, a última cousa que se fái, de solteiro.
PABLO e VICTORIA fixérono o día doce de xullo, dende aquí os nosos parabéns.
Foi para nós, motivo de ledicia, ser convidados para adornar, cos nosos cánticos, tal ceremonia na que tuvo como esceario a igresia parroquial de Oza.
A coral polifónica san Eleuterio de Tella acada así, embellecer algo que por sí xa é bonito, un casamento.
Abondaron momentos de moita emoción para os presentes, pois o repertorio, máis o sonar de unha gaita, fixeron estremecer hasta o cura párroco, que rebosaba de ledicia oficiando a homilía.
¡¡¡¡VIVAN LOS NOVIOS!!!