CORAL POLIFÓNICA
“SAN ELEUTERIO DE TELLA”
Director: Xoan Braxe Ravina
Deixándose levar pola máxia da música, e cun espiritu emprendedor, na que se combina ilusión e ganas de traballar e divertirse, un grupo de amigos embarcáronse na aventura dun proxecto novo para a localidade, a creación dunha coral.
Esta idea que xorde no ano 1999 foinos levando por distintos compromisos, os cales incluen todo tipo de actuacións, dende actos relisioxos como: vodas, festas patronais… a outras menos espirituais como concertos, xuntanzas de corais…
Toda esta andaina foi consolidando a este grupo de amigos, de tal maneira que o proxecto inicial vaise convertendo nunha realidade, vendose na obriga de formar no ano 2003 unha Asociación Cultural, sendo a directora desta a soprano Xulia Cea Cabanelas.
É en éste periodo cando destacamos entre outras moitas actuacións o primeiro festival solidario para os nenos do Sáhara e as súas familias de acollida na Costa da Morte.
Xa no 2005 e baixo a dirección do guitarrista e compositor Xoan Braxe Ravina, (mugardés de nacemento)facendo gala da sua ampla experiencia en dirección coral e xunto cos 22 membros, a asociación camiña por roteiros novos, gracias a ampliación do seu abano de temas, tanto na súa temàtica como nos rexistros musicais (folk, clásico, relisioxo, tradicional) participan en multiples actuacións e intercambios con outras corais, sen esquencer a organización de eventos como o xa mencionado Festival solidario do Sáhara, chegando así a sua IV edición.

1 comentario:
Noraboa polo Blog, e ánimo
Publicar un comentario