martes, 9 de octubre de 2007

presentación da barquiña polifónica

BARQUIÑA POLIFÓNICA


Dicía o cartel: Ponteceso vila e val de Pondal. Porque esta terra , é unha terra de poetas, poetas da palabra, e de poetas das notas musicais. Acordionistas, como os irmáns Moreira, na emigración como tantos galegos. Folclóricos de gaitas e pandeiretas como os irmán Maravillas. Regueifeiros como Calviño de Tallo. Bandas de música como a municipal de Ponteceso berce que avalou a tantos instrumentistas, de vento e percusión; sen esquecer a mítica “La nueva de Corme” máis coñecida como a banda de Basilio. E moitos outros que quedan no tinteiro.
Todos estes animaban as verbenas e podíanse ver polos salóns de baile. Mais de un na parroquia de Tella. O da Marrota, o de Balsas e do Cego competían co do Barbeiro na Trabe.
Onde se tocaban as muiñeiras e as pandeiradas nacidas a carón do rodicio dos vellos muiños(catorce na parroquia de Tella) mentres esperaban o turno de moer o cereal, pedras que tantos secretos gardan de amoríos.
Máis adiante viñeron as orquestras, máis de catro pasearon o nome de Ponteceso máis ala da bisbarra.
No concello temos censadas seis corais.
Con todos estos antecedentes históricos sentíamonos na obriga de facer o festival Barquita Polifónica. Encargo que se nos encomendou con grande ledicia pola nosa parte a coral San Eleuterio de Tella.
Agradecemos a vosa presenza e é o noso desexo que disfrutedes coas actuacións.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Enorabuena por el blog, que tengais muchas actuaciones, y seais felices con la música coral