lunes, 17 de diciembre de 2007

Festival de corais Ponteceso 2007

O vindeiro día 22 de decembro, convidamos a todo aquel que queira escoitar, as corales do noso concello xuntas en un festival, que terá como escenario a iglesia de Tella. Contaremos tamén con un grupo convidado, chega das terras de Narón, chámanse grupo vocal Nois, vale a pena escoitalos, vinde.

3 comentarios:

juanbrage dijo...

Moi ben o festival ainda que votei de menos a alguén nos pinchos.

Anónimo dijo...

Non faltou naide Juán, estábamos todos.

Anónimo dijo...

Si amigo Juán, estábamos todos os mellores, os demáis están preparando as maletas para Torrelavieja despois de loitar "contra mecanismos sólidos para combater ataques do exterior e de lendas e historias que non eisisten". ¡Que prosapia meu!endexamáis ouvin frase coma ela. Esto soa a bélico ou a Quixotesco.
¡Ai non!, despois de 1000 actuacións calqueira non fala así. ¡E pensar que eu en 15 anos de coral non chego a 300, é para deixar!.
Pero ben, como xa dín que foi un soño, pois é de perdoar. O peor é dicilo esperto á prensa. Dende logo en harmonía, que se zurza Bela Bartok, que non ten nada que facer. A 30 voces mui mixtas, cada un coa súa, pero nós os que non pisamos o Conservatorio non entendemos este novo xénero abstracto de poli-afonía, e mui adobada de portamentos para así enriquecer máis os timbres e o bon gusto. Non cabe dúbida, Juán, que cada quén, ten os seus gustos máis ou menos personais.
Ai, que se me olvidaba, nós tamén imos a Torrelavieja, pois xa quitamos as entradas. Se queredes vir podés avisar para levar o mesmo autocar. E espabila que eres un mozo,Juán, pois un xa non chego ás mil actuacións no que me queda de vida, aínda que acade os 90.Praceríame chegar tan siqueira para ollar e ouvir como baixa o pano desta comedia.
Unha aperta colega, que os tempos son chegados.
Dende a Fonte do Campo, en Corme nº 1, recibe unha aperta de Suso de Basilio, aspirante a músico.